Venres 19 Abril 2024

Sanidade pecha Ourense e Barbadás pola incidencia da Covid-19

Os habitantes dos concellos só poderán saír a partir da medianoite do xoves por motivos laborais, educativos ou sanitarios

A Consellería de Sanidade decidiu aplicar en Ourense e Barbadás a limitación de mobilidade por mor da elevada incidencia da Covid-19 nos últimos días. O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia, reunido esta tarde, decretou o peche dos dous concellos, polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios. As medidas entrarán en vigor na medianoite do xoves, despois da publicación dunha orde no Diario Oficial de Galicia ao longo do mércores.

Alén disto, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes (medida xa vixente en Ourense) nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño. Ante a transmisión detectada na zona, o comité clínico “considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos  e conter os contaxios para evitar a súa propagación máis aló desa zona”.

Publicidade

Consulta o semáforo Covid-19 no teu concello

En Ourense e Barbadás queda establecido o nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación da capacidade ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Incidencia por riba de 300 casos/100.000 habitantes

A situación en Ourense rexistrou nos últimos días un aumento notable de casos. Aínda que boa parte deles se rexistra na cidade, con máis de 500 casos activos, segundo informou o Concello, a provincia suma 1.084 casos activos, segundo apunta Sanidade.


Do mesmo xeito, as restricións anunciadas por Sanidade para as comarcas de Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco de Valdeorras expoñen a desfavorable evolución epidemiolóxica na provincia. No resto de Galicia, os casos activos están en descenso, mesmo na área de Pontevedra-Salnés, con limitacións despois dun importante brote que levou a tomar medidas en varios concellos da zona.

A situación nos hospitais mantense estable, con algo máis de 30 persoas na UCI e arredor de 200 noutras unidades de hospitalización, cifra semellante á das últimas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Galicia superará os 40 graos durante a cuarta onda de calor da península

O sur de Pontevedra a Ourense serán as zonas máis afectadas durante un episodio de calor intenso que durará ata o xoves

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios