Martes 16 Abril 2024

Sanidad pecha as discotecas e bares de copas en toda España

Tamén queda prohibido fumar na vía pública, os bares deben pechar á 1 da mañá e limítanse as reunións sociais

O Ministerio de Sanidade acordou este venres coas comunidades autónomas “por unanimidade” que se prohiba fumar na vía pública ou ao aire libre (tanto cigarros como calquera outro dispositivo de inhalación de tabaco) se non se pode estar dous metros de distancia de seguridade, tal e como aprobou Galicia esta semana. E tamén se fixou o peche de todas as discotecas, salas de baile e bares de copas con e sen actuacións en directo.

Así o anunciou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, este venres en rolda de prensa tras unha reunión extraordinaria coas comunidades autónomas, no marco do Consello Interritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), para abordar a evolución da pandemia do coronavirus.

Publicidade

Igualmente, en hostalería, restauración, terrazas e bares/restaurantes de praia terá que haber un metro e medio de distancia entre mesas, con 10 persoas como máximo por grupo. Esta distancia tamén se terá que respectar nas barras. A mesa ou agrupación de mesas que se utilicen para os grupos, ademais, deberán ser acordes ao número de persoas para respectar a distancia mínima interpersoal.

Estes establecementos terán a súa hora de peche á 1 da madrugada e non poderá admitirse a novos clientes desde as 12. Xunto con estas medidas, de forma complementaria acordouse reforzar os controis para evitar o consumo de alcol en vía pública.

Nos centros sociosanitarios, farase PCR a todos os novos ingresos 72 horas antes da súa entrada. Igualmente, realizarase esta proba aos empregados que regresen de permisos e vacacións, así como aos novos traballadores.

Segundo estableceron, as visitas aos residentes estarán limitadas a unha soa persoa e unha hora máximo ao día, a non ser que se atope en situación grave e se tema pola súa vida. As residencias terán que garantir que as visitas aos anciáns se realicen de xeito gradual ao longo do día para evitar que coincidan varios visitantes.

Respecto a eventos multitudinarios, Sanidade fixou que se deberá realizar unha avaliación do risco por parte da comunidade autónoma seguindo o documento que acordou a Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial sobre estas actividades. Todos os eventos terán que ter autorización da autonomía onde se celebren para poder realizarse.

Outra medida de Sanidade son os cribados con PCR en grupos específicos. Segundo fixaron, en caso de gromo estes cribados faranse en poboacións de risco e potencialmente expostas, como residentes en centros sociosanitarios, barrios con transmisión comunitaria, centros educativos, bloques de vivendas afectadas ou colectivos vulnerables, por exemplo.

Por outra banda, emitíronse tres recomendacións: limitar os encontros sociais fóra dos seus compañeiros de convivencia e que os encontros sociais se llimiten a un máximo de 10 persoas. Ás comunidades autónomas, ínstase a realizar periodicamente PCR aos traballadores de centros sociosanitarios que estean en contacto directo con residentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña