Xoves 18 Abril 2024

Sanidad inclúe ao grupo de 45 a 55 anos no plan de vacinación

Este segmento de idade recibirá, en principio, a vacina de AstraZeneca para reservar aos maiores as de Pfizer e Moderna, de ARN mensaxeiro

O Ministerio de Sanidade comunicou este martes que a incidencia media acumulada nos últimos 14 días no conxunto do estado era de 385,65 por 100.000 habitantes. Aínda que a tendencia segue á baixa despois de marcar máximos tras as festas de Nadal, Fernando Simón insistiu en que “estamos afastadísimos do obxectivo de 50 casos de incidencia”.

A Comisión de Saúde Pública, que continúa debatendo desde a mañá deste mércores os novos grupos que serán vacinados na segunda fase da estratexia de vacinación, delimitou outros catro grupos prioritarios, as persoas de 70 a 79 anos, as de 60 a 69 e os enfermos de alto risco de menos de 60, para as que reservou as vacinas de Pfizer e Moderna, mentres que creou outro de poboación xeral de 45 a 55 anos aos que destinará o preparado de AstraZeneca.

Publicidade

Nesta segunda fase que comeza agora, os grupos diana clasificásense en tramos de idade ordenados de maior a menor, aínda que segundo as doses que fosen chegando abriríase a porta para compaxinalos con outros colectivos. Con todo, os plans víronse truncados tras a recomendación de restrinxir a vacina de AstraZeneca ás persoas de entre 18 e 55 anos e isto obrigou a definir antes aos traballadores esenciais.

Por esta razón, aos maiores de 80 reservóuselles as vacinas de ARN mensaxeiro, é dicir, as de Pfizer e Moderna.

En Galicia, segue a baixar a incidencia da terceira onda. A baixada chegou tamén ás unidades de críticos, cuxos ingresados baixan por segunda xornada consecutiva de xeito importante, 18 menos, ata os 187, un 26% menos respecto ao pico da terceira onda, rexistrado o pasado 8 de febreiro con 254 hospitalizados en UCIs.

Este dato, con todo, continúa por riba do pico da primeira onda, cando a principios de abril do pasado ano se alcanzaron os 178 ingresados nestas unidades. Esta é unha das razóns polas que as medidas de desescalada que entran en vigor este mércores en Galicia son, de momento, limitadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Chegan as vacinas contra o melanoma: como funcionan?

As compañías Moderna e Merck xa comezaron os seus ensaios clínicos para desenvolver a terapia, que podería estar lista en 2025

Revelan o papel clave das modificacións de ARN na loita contra o cancro de próstata

Un equipo do CSIC mostra que inhibir o encima METTL1 frea o desenvolvemento do cancro de próstata e mellora a eficacia dos tratamentos oncolóxicos

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos

Un proxecto galego busca novas terapias de ARN contra o cancro

O Consello Europeo de Innovación outorga 2,5 millóns de euros a esta iniciativa que o profesor Javier Montenegro lidera dende a USC