Sábado 27 Abril 2024

O aviso amarelo trae fortes nevaradas ás montañas de Lugo e Ourense

A cota de neve baixou ata os 600 metros e houbo acumulacións de neve nos Ancares, Courel e Manzaneda

Fortes nevaradas nas montañas de Lugo e Ourense co paso da fronte Karine, que deixou neve por riba dos 800 metros con acumulacións de máis de cinco centímetros. As imaxes de radar de Meteogalicia amosan os depósitos importantes tanto nos Ancares como no Courel, pero moi especialmente no macizo central ourensán e na zona de Manzaneda.

Radar de Meteogalicia que amosa as precipitacións por neve, concentradas en Lugo e Ourense.

Karine forma parte dunha sucesións de sistemas frontais atlánticos, asociados a novos centros de presión, que estenden as precipitacións e os ventos fortes a gran parte da Península e a Baleares.

Publicidade

A neve cubría na mañá do luns o albergue de Campa da Braña, nos Ancares.

Despois do breve paso de León, borrasca bautizada por MétéoFrance, a fronte Karine, máis activa, fixo que se intensifiquen as precipitacións no cuadrante noroeste da península. Desde as 21 horas do domingo, e ata a medianoite do luns ao martes, a Axencia Galega de Emerxencias activou a alerta laranxa na costa por ondas de ata seis metros en todo o litoral de Galicia, e o nivel é laranxa en toda Galicia, agás no norte da provincia da Coruña e Lugo, por refachos superiores aos 100 km/h.

Neve nos Ancares este luns. Foto: Hostal Campa da Braña.

Respecto ás chuvias, Karine mantén activado o aviso de nivel amarelo por posibles acumulacións de máis de 50 litros por metro cadrado nas provincias de Pontevedra e Ourense.

Xa chegado marzo, con Karine regresa a neve, xa que a cota baixa ata os 600 metros ao longo do luns, debido ao descenso de temperaturas. A previsión obrigou a activar a alerta amarela na montaña de Lugo e Ourense durante todo o luns, xa que se poderán acumular máis de cinco centímetros.

A inestabilidade durará ata o martes, cando se manterán refachos de vento superiores aos 100 quilómetros por hora no litoral e zonas altas.

E aquí podes consultar o Boletín de Avisos Meteorolóxicos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Lugo será refuxio climático para as ‘árbores dinosauro’

O xardín botánico Arboretum participa nun proxecto internacional de conservación do coñecido 'piñeiro wollemi'