Venres 26 Abril 2024

A Coruña e Santiago baten os récords históricos de temperaturas mínimas

As mínimas na cidade herculina non baixaron dos 19,2 graos, un nivel do termómetro máis propio do verán e nunca visto en novembro

As temperaturas mínimas bateron varios récords esta noite en Galicia. Tanto na cidade da Coruña, con 19,2 graos, como no aeroporto de Alvedro (18,2) superouse o valor extremo histórico do periodo 1981-2020. Tamén a estación meteorolóxica no aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, rexistrou a temperatura mínima máis alta nun mes de novembro.

As choivas do domingo e das primeiras horas do luns chegaron en cantidade, pero acompañadas dunha masa de aire morno que deixou unha noite de altas temperaturas, deixando os termómetros en valores máis propios do verán.

Publicidade

A masa de aire morno cargado de choivas que entrou en Galicia na madrugada deste luns. Fonte: Meteogalicia.

Este luns Galicia estará afectada pola chegada dunha fronte fría que traerá chuvias e deixará aire frío ao seu paso, retirando a masa de aire cálido de xornadas anteriores.

Co avance da xornada as chuvias chegarán ao leste, mentres que na franxa atlántica comezarán a abrirse claros. As temperaturas non terán cambios significativos durante o día, cun acusado descenso cara á noite e de madrugada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses