O IGFAE acolle en Santiago aos centros de excelencia científica

Reúne científicos e comunicadores de prestixio para reflexionar sobre a importancia das grandes infraestruturas internacionais e a cooperación científica

Reflexionar sobre a ciencia. Esa é a premisa da que parte o encontro científico 100xCiencia.5: Internacional dimension of science, que reúne esta fin de semana en Santiago de Compostela a máis de medio cento de centros de excelencia científica. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) será o anfitrión do evento, que xa cumpre cinco edicións. O tema principal do encontro será o papel esencial das grandes infraestruturas internacionais, a cooperación e o intercambio fluído de información na solución dos grandes retos científicos e sociais do século XXI.

Máis polo miúdo, o encontre xorde grazas ao impulso da Alianza SOMMa, os Centros Severo OChos e as Unidades María de Maeztu da Alianza de Excelencia. A Cidade da Cultura será o enclave escollido para a súa celebración, tanto o venres 26 como o sábado 27 de novembro. A este foro acudirán investigadores e directivos dos 57 centros españois con esta certificación de excelencia. Todos eles compartirán espazo con xornalistas e comunicadores especializados co obxectivo de reflexionar arredor da dimensión internacional da ciencia.

Publicidade

Sesións por temáticas

O evento está integrado por catro sesións temáticas: Cosmos, Covid, Crise Climática e Cultura Científica. Todas elas pretenden poñer de manifesto a importancia de dotarse de grandes infraestruturas internacionais, tanto físicas como de comunicación e cooperación, para dar resposta aos retos científicos e sociais de tal envergadura e nos que só as solucións globais parecen viables. Segundo trasladan dende a organización do evento, a pandemia demostrou con toda claridade a necesidade e urxencia de cooperación para atopar unha vacina e resolver problemas que afectan a toda a humanidade.

A inauguración do encontro correrá ao cargo da presidenta da Alianza SOMMa, María Blasco; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; e o director do IGFAE, Carlos Salgado. Amais disto, a directora xeral da Organización Europea para a Investigación Nuclear, Fabiola Gianotti, abrirá a primeira sesión do congreso de xeito telemático. Finalmente, o encontro poderase seguir en directo a través da canle de Youtube do IGFAE, un centro mixto entre USC e Xunta de Galicia, o único con esta distinción de excelencia de toda a comunidade autónoma.

Publicidade


Se queres máis información, podes consultar o programa do congreso na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

Do CERN ao Revenidas: a ciencia sobe ao escenario con máis de dez relatorios da man do IGFAE 

O festival acollerá por primeira vez en Galicia unha iniciativa que aposta por achegar a investigación á sociedade a través das palabras de trece investigadores nacionais e internacionais