O presidente Feijoo, na rolda de prensa na que anunciou a retirada do decreto. Foto: Xunta de Galicia.
O presidente Feijoo, na rolda de prensa na que anunciou a retirada do decreto. Foto: Xunta de Galicia.

A Xunta retira o decreto de investigación tras as críticas dos científicos

A Xunta de Galicia retira o seu decreto de investigación tras as críticas recibidas da comunidade científica, que incluíron unha carta de rexeitamento dirixida ao presidente Feijoo, asinada por algúns dos máis destacados investigadores do país, e que adiantou en primicia GCiencia, destapando o fondo malestar entre o sector.

Foi o propio presidente quen, tras a reunión do Consello da Xunta, anunciou a decisión de paralizar o decreto. “Mentres non haxa aproximación non imos aprobar este decreto”, dixo Alberto Núñez Feijoo, quen engadiu que avaliará “as propostas trasladadas por investigadores e académicos” para redactar “unha norma axeitada”. O presidente engadiu que se pretenderá transmitir aos investigadores “que este decreto está ao seu favor e non en contra”, manifestou.

O principal punto de conflito era a estabilidade dos contratos, xa que o borrador que agora retirou a Xunta só contemplaba contratacións por un máximo de cinco anos. Neste senso, Feijoo dixo este xoves que “o que buscaba este decreto era dar estabilidade, pero parece que ía producir o contrario”, recoñecendo deste xeito o erro da Xunta. Engadiu o presidente que “o lóxico, por parte dun goberno responsable e que escoita” é “paralizar a tramitación” da norma. Con todo, quixo puntualizar que “a estabilidade ten un límite, que son as capacidades legais dun Estado de Dereito”, concluíu Feijoo.

“A estabilidade ten un límite” nas “capacidades legais dun Estado de Dereito”, dixo Feijoo

As queixas contra o decreto, que xa estaba publicado como borrador no portal de transparencia, baseábanse especialmente no feito de que non contemplaba contratos fixos para os investigadores. As protestas máis importantes referíanse á precariedade á que condenaba aos científicos no seu traballo. Ademais, a norma ía contra as recomendacións da Unión Europea sobre estabilidade no traballo investigador.

Máis de medio cento de personalidades da ciencia e da investigación de Galicia asinaron a pasada semana unha carta dirixida ao presidente da Xunta na que solicitaban a paralización do proxecto do decreto que rexerá a contratación de persoal investigador laboral. Entre os asinantes figuraban o director da Fundación Pública de Medicina Xenómica de Galicia, Ángel Carracedo, os directores do CiQUS e o CiMUS, José Luis Mascareñas e Carlos Diéguez, o director do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Antonio Figueras, e varios decanos, como Juan Gestal (Medicina na USC), Moisés Canle (Ciencias da UDC), Antonio Segura (Bioloxía da USC), Luis Miguel Varela (Física da USC) e recoñecidas catedráticas como María José Alonso, Laura Sánchez Piñón ou Mabel Loza.

Tamén subscribiron o texto decenas de colexios oficiais e profesionais de Galicia de todos os eidos: medicina, veterinaria, ciencias sociais, bioloxía, administración pública, ou arquitectura.

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Vaya, se ve que la carta de los científicos a Feijoo cumplió su objetivo a pesar de ir escrita en castellano. Algunos aún lo lamentarán. Joer que tropa, que diría el otro.

  2. Mirá tú, al final la carta, aunque fuese escrita en castellano, sirvió para algo. Algunos seguirán lamentándolo porque los científicos no la escribieron en gallego. Así nos va.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.