Scott Kelly, cunha camiseta de VermisLAB, que organiza o campamento. Imaxe: VermisLAB.
Scott Kelly, cunha camiseta de VermisLAB, que organiza o campamento. Imaxe: VermisLAB.

O astronauta Scott Kelly apoia o “primeiro campamento espacial” de Galicia

Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 28 de marzo o “primeiro campamento espacial de Galicia”, organizado por VermisLAB, no que nenos e nenas a partir de 6 anos “se convertirán en auténticos astronautas que terán que conseguir viaxar a Marte e desenvolver as condicións necesarias para poder facer vida neste planeta”.

Despois de celebrar o ano pasado un campamento de Gastrociencia, VermisLAB apostou este ano pola temática especial. Para promocionar a actividade, contactaron co astronauta Scott Kelly, para que gravase un vídeo dirixido aos alumnos do campamento.

Durante os tres días, os participantes na actividade, que leva por nome ‘Colonizando Marte‘, aprenderán bioloxía, bioenxeñaría, física, electrónica ou robótica. Segundo sinala a organización, os mozos ‘astronautas’ “disporán dun transbordador espacial real a través do cal simularán o lanzamento dunha nave espacial con rumbo a Marte, o obxectivo será chegar sans e salvos ao planeta vermello”.

Este novo campamento enmárcase na actividade de innovación educativa de VermisLAB, que explora novas posibilidades no eido da formación, co obxectivo de potenciar a creatividade e estimular a curiosidade dos alumnos polas novas tecnoloxías, o deseño ou a ciencia. O proxecto está formado por máis de vinte profesionais galegos de diferentes ámbitos, como a enxeñaría, a física, o deseño, a arquitectura, a comunicación ou a psicoloxía, os cales colaboran para desenvolver novas propostas formativas á vangarda da educación.

As inscricións para o campamento poden realizarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.