Xoves 28 Marzo 2024

Proxecto europeo de 10 millóns de euros para o investigador da USC Rubén Nogueiras

O grupo do profesor da USC Rubén Nogueiras participa nun dos 27 proxectos europeos que acadaron o apoio do European Research Council na convocatoria Synergy Grant. Esta liña de subvencións achega axudas de ata dez millóns de euros para un período de seis anos para pequenos equipos científicos interesados en problemas de investigación ambiciosos nas fronteiras do coñecemento.

Trátase dunha convocatoria altamente competitiva na que se avaliaron 295 propostas e das que unicamente o 9% acadaron financiamento. Ademais, a súa concesión converte ao equipo do investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) no primeiro galego que a recibe.

Publicidade

Rubén Nogueiras concorreu a esta convocatoria xunto cos grupos de Vicent Prevot (Lille, Francia) e de Markus Schawaninger (Lübeck, Alemaña) para estudar o funcionamento dos tanicitos, células do sistemas nervioso das que se descoñecen bastante aspectos, aínda que “son fundamentais para a comunicación entre o cerebro e órganos da periferia, unha comunicación que inclúe o intercambio de diferentes substancias como nutrientes, hormonas e metabolitos”. Como explica o investigador, este intercambio é unha cuestión de relevancia para o funcionamento do corpo.

O logotipo do CiMUS.
O logotipo do CiMUS.

Na actualidade, dous dos grandes problemas da sociedade actual son a elevada taxa de obesidade e as enfermidades neurodexenerativas asociadas ao avellentamento. Como lembra o doutor Nogueiras, estas dúas doenzas son dous aspectos aparentemente independentes, non obstante, “a obesidade entre os 40 e os 50 anos é un dos factores de risco máis importantes para desenvolver alzhéimer”. Neste punto radica o interese do novo proxecto internacional no que participa o investigador da USC xa que o seu traballo nos vindeiros anos será “estudar como os tanicitos regulan o peso corporal e o envellecemento, mediando o transporte de substancias entre o cerebro e o resto do corpo”.

Synergy Grant
O European Research Council decidiu reintroducir as axudas Synergy para grupos de dous a catro investigadores principais excelentes, estando abertas a todo tipo de combinacións de campos científicos. O seu obxectivo final é apoiar interaccións entre grupos que permitan a investigación transformadora, que axude a agromar novas liñas de investigación e sexa capaz de producir resultados científicos innovadores.

Os 27 proxectos seleccionados nesta convocatoria involucran 88 investigadores principais que levarán a cabo os seus proxectos en 63 universidades e centros de investigación en 17 países da Área de investigación europea.

Rubén Nogueiras
Rubén Nogueiras (Vigo, 1977) é doutor en Bioloxía pola USC, institución na que exerce como profesor titular dende 2014. Entre os seus logros científicos merece especial atención o descubrimento das bases moleculares para un control directo do metabolismo lipídico a través do sistema nervioso autónomo. En 2009 puxo en marcha un grupo de investigación, adscrito tamén ao CIBER de Obesidade e Nutrición (CIBERobn) centrado no estudo do mecanismo molecular implicado na obesidade e hoxe continúa investigando as vías polas cales o hipotálamo regula o balance enerxético.

Este mesmo ano recibiu unha das 64 bolsas Leonardo que concede a Fundación BBVA para estudar o papel dun supresor tumoral moi coñecido, o xen p53, na síntese de glucosa e do que se empezan a coñecer novos aspectos en canto á súa función metabólica. O estudo deste mesmo xene xa lle valera en 2011 a concesión dunha axuda Starting Grant do ERC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Pontevedra ensaia fármacos prometededores contra doenzas hepáticas: esta é a innovadora tecnoloxía que hai detrás

Pacientes con hepatite B e fígado graxo proban tratamentos baseados no ARN de interferencia, unha das terapias máis esperanzadoras