Venres 26 Abril 2024

Os descubridores da organocatálise reciben o Nobel de Química

Benjamin List e David MacMillan atoparon unha terceira vía, alén dos metais e os encimas, para controlar e acelerar as reaccións químicas

O terceiro dos galardóns dos Premios Nobel deste 2021 vai para os artífices dunha nova vía que faciiltou enormemente a investigación farmacéutica e contribuíu a desenvolver procedementos químicos máis ecolóxicos: a Real Academia Suecia de Ciencias decidiu recoñecer a Benjamin List e David McMillan co Nobel de Química “polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica”. Isto é, unha nova ferramenta para controlar e acelerar as reaccións químicas que son necesarias para obter todo tipo de produtos esencias para a humanidade.

Tal e como destaca a institución nun comunicado, “moitas áreas de investigación e industrias dependen da capacidade dos químicos para construír moléculas que poden formar materiais elásticos e duradeiros, almacenar enerxía en baterías ou inhibir a progresión de enfermidades”.

Publicidade

Estes procedementos necesitan dos catalizadores, substancias que, sen pasar a formar parte do produto final, controlan e aceleran estas reaccións quíimicas. Un dos exemplos máis destacados, polo seu impacto global, é o dos catalizadores que transforman as substancias tóxicas dos gases do escape da combustión dos vehículos en moléculas menos daniñas. Os procesos de catálise tamén son esenciais para o corpo humano, xa que os organismos conteñen miles de catalizadores en forma de encimas, constituíndo as moléculas esenciais da vida.

Un científico lucense no equipo do novo Nobel de Química

Durante moito tempo, a ciencia só dispoñía de dúas ferramentas de catalización, os metais e os mencionados encimas. Pero no ano 2000, de forma independente entre si, Benjamin List e David MacMillan desenvolveron unha nova modalidade de catálise, que foi bautizada como organocatálise asimétrica e está baseada en pequenas moléculas orgánicas.

“É un concepto tan sinxelo como enxeñoso, e o feito é que moitas persoas se preguntan como non o puidemos pensar antes”, resumía este mércores Johan Åqvist, presidente do Comité Nobel de Química.

Os catalizadores orgánicos

Estes catalizadores orgánicos teñen un marco estable de átomos de carbono, aos que se poden unir outros grupos químicos máis activos con elementos como o osíxeno, nitróxeno, xofre ou fósforo, compostos moi presentes na Terra e, por tanto, sinxelos de obter e producir.

Desde o seu descubrimento, o uso da organocatálise expandiuse rapidamente, en especial por mor da súa capacidade para impulsar a coñecida como catálise asimétrica: cando se constrúen moléculas, é habitual que xurdan situacións nas que se poden formar dúas moléculas distintas que son a imaxe especular unha da outra. Porén, os químicos só adoitan precisar unha delas.

Tanto Benjamin List como David MacMillan seguen sendo referentres no seu campo de investigación, e seguiron demostrando como a organocatálise pode usarse en multitude de procesos químicos, e facelo de forma máis eficiente. Entre outras aplicacións, este procedemento axuda a obter novos produtos farmacéuticos ata moléculas que poden capturar a luz nas células solares, o que achega numerosos e diversos beneficios ao desenvolvemento científico e tecnolóxico no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación

Documentos avalan que Rosalind Franklin foi esencial para o descubrimento da estrutura do ADN

Un artigo publicado por Nature demostra que a química colaborou en "pé de igualdade", proporcionando datos cruciais e verificando o resultado

Unha prestixiosa revista do grupo ‘Nature’ destaca un artigo liderado por dous galegos

Os editores seleccionaron unha investigación sobre péptidos alfa helicoidais entre as contribucións máis salientables de 2022