O ton cercano e a quenda de preguntas animaron a charla de May-Britt Moser. Foto: Santi Alvite - USC.
O ton cercano e a quenda de preguntas animaron a charla de May-Britt Moser. Foto: Santi Alvite - USC.

A Nobel May-Britt Moser cativa ao alumnado da USC

Centos de estudantes ateigaron este xoves o auditorio da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela para compartir unha xornada coa neurocientífica e psicóloga norueguesa May-Britt Moser, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2014, un galardón compartido con John O’Keefe e a súa parella Edvard Moser por descubrir as células que compoñen o sistema de posicionamento no cerebro humano. 

O encontro forma parte do programa Nobel Prize Inspiration Initiative organizado pola Fundación AstraZeneca e Nobel Media e esta é a segunda edición celebrada en España para impulsar o talento científico e conectar os novos investigadores coa comunidade científica. En Santiago a iniciativa levouse a cabo en colaboración do programa ConCiencia.

O público ateigou o auditorio, e houbo que habilitar varias salas para seguir o acto via 'streaming'. Imaxe: Santi Alvite.
O público ateigou o auditorio, e houbo que habilitar varias salas para seguir o acto via ‘streaming’. Imaxe: Santi Alvite.

Moser comezou a súa visita na Facultade de Medicina, onde compartiu con centos de estudantes – houbo que habilitar varias salas no centro para poder seguir a conferencia por streaming– a súa traxectoria, que a levou a conseguir o máximo recoñecemento científico, e lles falou do espazo, o tempo e a memoria no cerebro. O ton próximo do acto e a quenda de preguntas deron a oportunidade aos participantes de conversar con ela sobre as súas inquedanzas respecto ao seu futuro profesional. Foron ademais moitos rapaces e rapazas que, emocionados, quedaron ao final conversando con ela e pedíndolle consello acerca da carreira científica.

Pola tarde, May-Britter Moser mantivo un encontro con investigadores do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS). Na súa charla Como ser un científico creativo?’ abordou desde outro punto de vista as claves para non deixar nunca de desafiar o establecido e ter a curiosidade necesaria para continuar investigando.

Logo da experiencia en Santiago, May-Britt Moser manifestou que fora “un verdadeiro pracer compartir a miña experiencia persoal con estudantes e investigadores. É imposible non ter inquedanzas e preocupacións á hora de iniciar unha carreira científica e por iso alégrame ter esta oportunidade única de poder falarlles da miña traxectoria e de como fixen fronte ás adversidades que se presentaron”. Rematou sentenciando: “Debemos apostar polos novos talentos, que recollerán a nosa testemuña para seguir levando a cabo os avances científicos que cambiarán o mañá”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.