Mabel Loza recibe en Santiago o premio María Wonenburger

A catedrática da universidade compostelá é unha referencia internacional na investigación farmacolóxica

A catedrática da USC Mabel Loza recibiu este luns no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o premio María Josefa Wonenburger Planells, destinado a recoñecer a traxectoria de mulleres científicas de Galicia que se adiantaron ao seu tempo e abriron camiños a moitas outras. A galardoada, unha referencia internacional na investigación farmacolóxica, abordou no seu discurso a importancia do equipo e das persoas como elemento fundamental para facer ciencia de calidade, sempre orientada a resultados e que se erixe na misión da universidade pública.

Mabel Loza mantivo nos últimos lustros unha activa participación en programas públicos e privados no ámbito do descubrimento temperán de fármacos español e europeo, foi investigadora en máis de 90 proxectos de investigación, en 70 como investigadora principal. Participou en once candidaturas a fármacos que chegaron a ensaios clínicos en pacientes, dentro de programas de transferencia de I+D coa industria farmacéutica.

Publicidade

O acto estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que resaltou na súa intervención o “compromiso inquebrantable” de Mabel Loza coa importancia da ciencia e do coñecemento no avance sociedade. Un compromiso que “desenvolve cada día” desde o grupo BioFarma da USC, destacou Feijóo. “Como Wonenburguer, Loza realizou estadías fóra, no seu caso, no Centro Médico Monte Sinaí de Nova York. Pero continuou a súa carreira científica en Galicia, desde a mesma alma máter na que se formou, a Universidade de Santiago, e o eco das súas investigación traspasa as nosas fronteiras”, expuxo, subliñando ademais a súa participación na creación de tres compañías.

A catedrática da USC Mabel Loza gaña o Premio Wonenburger

O presidente do Executivo lembrou tamén outras fiugras galardoadas co premio que leva o nome da investigadora coruñesa. “Inmaculada Paz Andrade, María Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre, Peregrina Quintela, Begoña Vila, Alicia Estévez. Todas elas foron premidas e todas elas asinan traxectorias sobresaíntes no eido científico e académico ás que hoxe se suma Mabel Loza”, sentenciou.

Este galardón leva o nome da científica que foi unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e unha adiantada ao seu tempo. O premio naceu en 2007 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX