Venres 19 Abril 2024

A catedrática da USC Mabel Loza gaña o Premio Wonenburger

A investigadora en novos fármacos recibe este galardón que recoñece ás investigadoras galegas

Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago e coordinadora do grupo de investigación Biofarma, foi hoxe galardoada co Premio María Josefa Wonenburguer, que concede a Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia e recoñece o traballo de científicas galegas.

Doutora en Farmacia e catedrática de Farmacoloxía da USC, Mabel Loza é unha das artífices da posta en marcha en Santiago da unidade de avaliación de compostos in vitro no edificio Emprendia, segundo un modelo de colaboración público-privada, que vincula á USC e a Laboratorios Esteve.

Publicidade

Patroa fundadora e  codirectora científica da Fundación Kærtor xunto co tamén profesor da USC Ángel Carracedo, Mabel Loza é catedrática de Farmacoloxía e líder do grupo de investigación BioFarma da USC. Cunha activa participación en programas públicos e privados no ámbito do descubrimento temperán de fármacos español e europeo, foi investigadora en máis de 90 proxectos de investigación, en 70 como investigadora principal. Participou en once candidaturas a fármacos que chegaron a ensaios clínicos en pacientes, dentro de programas de transferencia de I+D coa industria farmacéutica.

Reunión do plenario que outorgou o premio Wonenburger 2019.

Destaca a publicación de diversos libros e capítulos de libros, así como de 136 artigos en revistas indexadas no Journal Citation Report. Supervisou 17 teses de doutoramento coa cualificación máis alta e máis de 50 traballos de investigación de posgrao. Tamén é revisora de varias revistas nas áreas de farmacoloxía, química médica e descubrimento de fármacos.

Participa activamente no desenvolvemento de redes e novos modelos de innovación aberta no descubrimento temperán de medicamentos, é coordinadora da Rede Galega de Descubrimento de Fármacos e a Rede de Excelencia Española de Descubrimento de Fármacos. Ademais representa ao nodo da USC na Rede Europea de Infraestruturas de  Screening EU- Openscreen  ESFRI / ERIC. Mabel Louza coordina tamén a Unidade Mixta USC-Esteve para o desenvolvemento de novos medicamentos no campo da dor crónica. Como empresaria, promoveu a fundación de tres compañías (Pharmatools Dixital Interactive SL, Allelyus e  Oncostellae).

Mabel Loza sucede como Premio Wonenburger á investigadora Alicia Estévez Toranzo, recoñecida no ano 2018. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

María Wonenburger, a matemática que triunfou nos Estados Unidos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC e ABAC Therapeutics únense para loitar contra a resistencia aos antibióticos

As bacterias multirresistentes causan 39.000 mortes ao ano en Europa e a OMS estima que en 2050 serán a principal causa de mortalidade no mundo

A USC lidera un consorcio europeo para buscar novos fármacos contra o cancro

O proxecto, que coordina Aswin Woodhoo dende o CiMUS, tamén desenvolverá terapias contra outras enfermidades intratables

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada