9/10/2019: a última data capicúa de 7 díxitos deste século

Non volverá acontecer no que queda de século; este 9 de outubro é unha data moi curiosa por ter forma de palíndromo

O de onte foi un día único na nosa vida. E non, non é un tópico dun libro de autoaxuda. O 9 do 10 do 2019 foi a última data capicúa (9/10/2019) de sete díxitos que viviremos a gran maioría dos que estamos lendo estas liñas. Non vai ser, de forma absoluta, a última do século, xa que se nos imos aos oito díxitos, teremos unha cada ano nas vindeiras décadas.

O 9/10/2019 é, por tanto, unha das varias curiosidades matemáticas que nos adoitar deixar o calendario. Nuns meses, por exemplo, teremos outra data capicúa, pero de oito cifras: o 2 de febreiro de 2020, ou o que é o mesmo, o 02/02/2020. Dez anos e un día máis tarde, teremos outra: o 03/02/2030. E cando pase outra vez o mesmo tempo, volverá acontecer:o 4 de febreiro de 2040 será o 04/02/2040.

Publicidade

Porén, as curiosidades matemáticas que nos atopamos nas datas tamén dependen doutros matices. Hai xusto un mes, en Estados Unidos ‘celebraron’ a semana do palíndromo, é dicir, de todo aquilo que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido. Pero había un pequeno matiz:

Naquel país, á hora de escribir as datas, o mes vai diante do día. É dicir, o seu 10 de setembro non era o 10/9/19, senón o 9/10/19. A partir daquel día, e ata o 19 do mes pasado, todas as datas (omitindo os dous primeiros díxitos do ano, iso si), podían lerse igual nun ou noutro sentido.

Publicidade

O 9/10/2019 que xa pasou vai ser o último dunha xeira que levamos vivindo todos os meses de outubro desta década que tamén termina. Pasou o 1 de outubro de 2011 (1/10/2011), e sucesivamente (2/10/2012; 3/10/2013; 4/10/2014, etc.). Así que toca desfrutar o día, como calquera outro das nosas vidas.

 

1 comentario

  1. Pero no tiene mucho criterio, el que sea palíndromo cogiendo en esta ocasión el día 9 y no como día el 09, cómo sí por ejemplo sucede para el 02 de febrero de 2020…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns nenos teñen problemas coas matemáticas?

Investigadores detectan que certas habilidades cognitivas e de planificación inflúen no rendimiento académico infantil

Por que algúns nenos teñen dificultades coas matemáticas (e non é por falta de esforzo)

Máis dunha cuarta parte dos nenos con obstáculos no eido científico durante a Educación Infantil continúa con eles ao finalizar a Educación Primaria
00:05:14

Mulleres e matemáticas: cando as orlas desminten un mito de xénero moi estendido

Unha mirada ás promocións históricas da USC revelan a presenza e influencia feminina nunha disciplina tradicionalmente considerada masculina

A galega Elena Vázquez Cendón ingresa na Real Academia de Ciencias de España

A catedrática da USC, recoñecida polo seu labor en Matemática Industrial e pola promoción do talento científico entre a mocidade, ocupará a medalla 29 da institución