Martes 19 Marzo 2024

Juan Lema Rodicio, novo presidente da Real Academia Galega de Ciencias

Juan Manuel Lema Rodicio, catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela, é o novo presidente electo da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Ao cumprirse os catro anos de mandato da anterior directiva, encabezada por Miguel Ángel Ríos, celebraronse eleccións, nas que se escolleu por unanimidade á unica candidatura presentada.

Acompañaran a Juan Lema na directiva as tamén catedráticas da USC Alicia Estévez e Pilar Bermejo, como vicepresidenta e secretaria, respectivamente, o catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña Antón Álvarez Sousa, como vicepresidente, e o catedrático de Teoría da Sinal e Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Fernando Pérez, como bibliotecario.

Publicidade

Juan Manuel Lema Rodicio

Juan Lema asume a presidencia da RAGC só uns días despois de impartir a súa última clase antes de xubilarse. O 14 de decembro publicou en Twitter unha imaxe anunciando a súa última lección despois de 47 anos e máis de 3.000 alumnos nas súas aulas.

Moi querido polos seus pupilos, Lema licenciouse en Ciencias Químicas en 1971 na USC, onde tamén obtivo o seu grao de doutor en Ciencias en 1975. Logo dunha primeira etapa como docente na Universidade Autónoma de Barcelona, conseguiu a cátedra de Enxeñería Química na USC, na que desde entón exerce como profesor e investigador. Nesta última faceta, é o promotor e coordinador do grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos. 2016 ingresou na RAGC.En
No ámbito científico, foi pioneiro e é referencia mundial na área da biotecnoloxía ambiental, principalmente na degradación anaerobia de contaminantes. O seu traballo aválano as 50 teses doutorais dirixidas, os numerosos proxectos de investigación nos que participa e lidera (unha ducia deles en cooperación con Italia, Portugal, Alemania, Israel, Chile e India), 11 patentes españolas e dúas europeas e máis de 300 artigos publicados en revistas de alto impacto científico.

Na área de xestión académica desempeñou un papel destacado na concepción e concreción da carreira de Enxeñaría Química en España e foi promotor e primeiro presidente da Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Química. Profesor do Departamento de Enxeñería Química, que tamén dirixiu, exerceu os cargos de director do Centro de Transferencia Tecnolóxica e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias amplía a presenza feminina co ingreso de Herminia Domínguez

A institución dálle a benvida á catedrática de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, unha das cinco mulleres que se sumarán ás súas filas en 2022

A Real Academia Galega de Ciencias incorporará cinco académicas en 2022

Unha medida que impulsa a institución para para romper a brecha de xénero, após dun informe que revela unha representación de mulleres inferior ao 20%

A Academia de Ciencias entrega os Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2021

Investigadores das universidades de Santiago e Vigo recolleron os galardóns nun acto celebrado no compostelán Pazo de San Roque

Premio para investigadores de atlanTTic nun congreso estatal sobre ciberseguridade

Os traballos, desenvolvidos por membros do Grupo de Procesado do Sinal e Comunicacións abordan o problema de atribución de cámara e os servizos detección de fraude