“Ángel Carracedo será premio Nobel se o mundo é xusto”

Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal. Foto: Anxo Iglesias.
Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal. Foto: Anxo Iglesias.

O goberno local de Santiago de Compostela elixiu ao científico Ángel Carracedo como pregoeiro das festas do Apóstolo de 2016, que comezan este venres. Na presentación do programa dos festexos, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, dixo que a elección do investigador nacido en Santa Comba recoñece “o traballo e a valía deste científico”. Novoneyra engadiu que Carracedo “un día será premio Nobel se o mundo é xusto”.

Ángel Carracedo, nacido en 1955, é catedrático de Medicina Legal na USC.  Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado, e foi director do Instituto de Medicina Legal entre 1994 e 2012. En 2015 recibiu o Premio Nacional de Xenética. É autor de 12 libros e máis de 550 artigos en revistas especializadas,entre elas Science e Nature (o último deles, a pasada semana). Amais da súa traxectoria académica e profesional, destaca pola súa grande valía humana. Nunha entrevista a GCiencia declarou que non deixaría Galicia “nin por todos os cartos do mundo”.

ciencia/entrevista-a-angel-carracedo/

2 COMENTÁRIOS

  1. Apoiamos co noso voto, aínda que só sexa testemuñal, a candidatura a Premio Nobel, pola súa valía como científico e sobre todo humana. Un bico dende Ferrol Vello, padriño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.