
Explicación: viches xa o paso dos planetas? Este 1 de xullo os planetas Xúpiter e Venus pasan a menos dun grao un do outro tal e como se ven desde a Terra. Esta conxunción, que se olla por todo o mundo, é bastante sinxela de ollar; só tes que mirar ao oeste xusto tralo solpor. Os obxectos máis brillantes visibles por riba do horizonte serán Venus e Xúpiter, sendo Venus o máis brillante dos dous. Publicado enriba, os planetas xuntiños foron capturados hai dúas noites nun ceo crepuscular adornado tamén con nubes noctilucentes na altura. No primeiro plano, a irmán do astrofotógrafo mira desde un banco da Reserva Sec na República Checa. Ela informou á primeira vez que viu nubes noctilucentes. Xúpiter e Venus aparecerán aínda máis achegados esta noite e continuarán a seren visibles na mesma parte do ceo deica mediados de agosto.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












