Primavera de Orión

Primavera-de-Orion
Créditos da imaxe e copyright: Bill Dickinson.

Explicación: mentres chega a primavera ao hemisferio norte do planeta Terra, a familiar constelación invernal de Orión vaise deitando nos ceos do comezo do serán e as incipientes árbores enmarcan as estrelas do Cazador. A cor amarelada da superxigante vermella e fría alfa Orionis, a gran estrela Betelgeuse, mestúrase coas polas no alto desta paisaxe celeste chea de cor. A estrela alfa de Orión únese no extremo dereito con alfa Tauri. Tamén coñecida coma Aldebarán e asemade unha estrela xigante máis fría có Sol, brilla cunha luz amarela na cabeza de Taurus, o Touro. En contraste coa superxigante azul Rigel, beta Orionis, está a outra estrela dominante de Orión, marcando o pé do Cazador por baixo do centro. Por suposto, a espada de Orión pendura desde as tres estrelas azuis do cinto do Cazador preto do centro do cadro, pero a estrela do medio da espada non é en absoluto unha estrela. Un brillo rosado lixeiramente borroso apunta á súa verdadeira natureza, unha gardería estelar achegada visible a simple vista e coñecida como a Nebulosa de Orión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns