Unha lura xigante nun morcego voador

Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders).
Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders).

Explicación: ámbolos dous, a xigante nebulosa da Lura catalogada coma Ou4, moi tenue pero tamén moi grande no ceo do planeta Terra, e Sh2-129 que tamén é coñecida coma a nebulosa do Morcego Voador, captáronse nesta escena cara a constelación real de Cepheus. O campo de vista telescópico, composto cun total de 20 horas de datos de manda ampla e estreita, ten case 4 graos ou 8 lúas cheas de diámetro. A nebulosa da Lura, descuberta en 2011 polo astrofotógrafo francés Nicolas Outters, ten unha suxerente forma bipolar que se distingue aquí xunto coa desveladora emisión azul-verdosa dos átomos ionizados de osíxeno. Aínda que semella aparentemente arrodeada pola emisión vermella do hidróxeno da rexión Sh2-129, a distancia verdadeira e a natureza da nebulosa da Lura foron difíciles de determinar. Aínda unha investigación recente suxire que realmente Ou4 se atopa no interior de Sh2-129 a uns 2.300 anos luz de distancia. Consistente con ese escenario, Ou4 representaría un fluxo de emisión espectacular de material dirixido por un sistema triple de estrelas masivas e quentes, catalogado coma HR8119, que se olla preto do centro da nebulosa. De ser así, a realmente xigante nebulosa da Lura tería fisicamente case 50 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo