Unha aurora coma un mundo

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer
Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer

Explicación: máis alto có edificio máis alto, máis alto cá montaña máis elevada, a maior altura có avión máis alto, está o reino da aurora. As auroras raramente baixan dos 60 quilómetros e poden elevarse ata os 1000.  A luz da aurora provén dos electróns e os protóns enerxéticos que baten nas moléculas da atmosfera da Terra. Acotío, cando se ollan desde o espazo, unha aurora completa semellará coma un círculo ao redor dun dos polos magnéticos da Terra. A imaxe gran angular publicada, comprimida horizontalmente, capturou unha exhibición auroral abraiante que se espallaba polo ceo hai cinco anos sobre o leste de Noruega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo