Triángulos de verán sobre Xapón

Triángulos de verán sobre Xapón
Créditos da imaxe e copyright: Shingo Takei (TWAN).

Explicación: algunha vez viches o Triángulo de Verán? As estrelas brillantes Vega, Deneb, e Altair forman un triángulo grande no ceo que pode ollarse subindo polo ceo a comezos da primavera setentrional pola mañá e erguéndose no outono setentrional durante o anoitecer. Nos meses de verán, o triángulo áchase de xeito sinxelo por riba da cabeza preto da medianoite. Aquí se amosa o asterismo do Triángulo de Verán captado o mes pasado desde Gunma, Xapón. No primeiro plano, mostrando a súa propia forma triangular, hai unha cerdeira en flor de 500 anos de idade, cuns 15 metros de altura. A forma triangular do asterismo só é evidente desde a perspectiva da Terra; en realidade as estrelas están afastadas por milleiros de anos luz de distancia no espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cambio climático acaba con toneladas de ostras e mexillóns en Galicia e Xapón

A investigación sobre especies máis resistentes á calor e á baixada de sanidade é un campo que merece máis investimento do que recibe. Por Antonio Figueras

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

Destinos Starlight en Galicia: lugares cruciais para desfrutar das novas choivas de estrelas

As Leónidas acadarán o seu punto álxido o próximo 17 de novembro cunha Lúa que favorecerá a súa visibilidade que dependerá da meteoroloxía