Tres galaxias e un cometa

Créditos da imaxe e copyright: Miloslav Druckmuller (Universidade Tecnolóxica de Brno)
Créditos da imaxe e copyright: Miloslav Druckmuller (Universidade Tecnolóxica de Brno)

Explicación: a difusa luz estelar e as nebulosa escuras ao longo da Vía Láctea meridional fan un arco sobre o horizonte e espállanse diagonalmente por esta marabillosa paisaxe nocturna. O impresionante mosaico abarca unha anchura de 100 graos, co agreste terreo da rexión da Patagonia (Argentina) no primeiro plano. Xunto coa vista privilexiada da nosa propia galaxia, a imaxe amosa unha perspectiva do exterior nas dúas galaxias satélite irregulares: as Nubes de Magallanes Grande e Pequena. A escena tamén capta a ampla cola maila brillante coma do cometa McNaught, o Gran Cometa de 2007.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble