Sharpless 249 e a nebulosa Augamar

Créditos da imaxe e  copyright: Eric Coles
Créditos da imaxe e copyright: Eric Coles

Explicación: a nebulosa Augamar, normalmente feble e elusiva, cáptase neste atractivo mosaico telescópico. A escena está ancorada por baixo da estrela brillante Eta Geminorum, aos pés dos xémeos celestes, mentres a nebulosa Augamar é a crista de emisión máis brillante arqueada con tentáculos pendurados por baixo e á esquerda do centro. De feito, a augamar cósmica é parte do remanente de supernova IC 443, con forma de burbulla, a nube de refugallos en expansión procedente dunha estrela masiva que explosionou. A luz da explosión chegou ao planeta Terra hai uns 30.000 anos. Coma o seu curmán en augas astrofísicas, o remanente de supernova da nebulosa do Cangrexo, a nebulosa Augamar é coñecida por aloxar unha estrela de neutróns, o remanente do núcleo estelar colapsado. Unha nebulosa de emisión catalogada coma Sharpless 249 enche o eido na parte superior dereita. A nebulosa Augamar está uns 5.000 anos luz de distancia. A esa distancia, esta imaxe composta en banda estreita presentada coa paleta do Hubble tería uns 300 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira