Ronsel do Space X sobre California

Créditos da imaxe e copyright: Craig Bobchin
Créditos da imaxe e copyright: Craig Bobchin

Explicación: que está a acontecer no ceo? O venres, un fotoxénico ronsel procedente do despegue dun foguete SpaceX creou todo un espectáculo sobre algures da California meridional e Arizona. Parecendo ás veces a un peixe espacial xigante, o impresionante lanzamento do foguete desde a Base da Forza Aérea Vandenberg preto de Lompoc, California, foi tan brillante porque foi alumeado polo Sol poñéndose. O foguete Falcon 9, que despegou durante unha minúscula xanela de lanzamento dun minuto, guindou con éxito na órbita baixa terrestre dez satélites Iridium NEXT que forman parte dunha drede de comunciacións global. O penacho da primeira fase vese á dereita, mentres que a etapa superior do foguete pode verse no ápex do penacho cara á esquerda. toward the left. Tomáronse bos e variados vídeos do ldespegue. A fotografía publicada foi captada desde o Condado de Orange County, California, nunha exposición de 2,5 segundos de duración.

Xa no aire os Ceos Galegos, web diaria e calendario astronómico.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo