Raios sobre Colorado

Créditos da imaxe e copyright: Joe Randall
Créditos da imaxe e copyright: Joe Randall

Explicación: algunha vez te abraiou unha tormenta? Benvido ao grupo. Curiosamente, ninguén sabe con exactitude como se producen os raios. Sábese que as cargas, ao afastarse lentamente nalgunhas nubes, producen descargas eléctricas rápidas (raios), pero como conseguen afastarse as cargas eléctricas nas nubes segue a ser tema de moita investigación. Normalmente, os raios seguen un camiño dentado, quecendo rapidamente unha columna fina de aire ata unhas tres veces a temperatura superficial do Sol. A onda de choque resultante comeza a velocidades supersónicas e decae ao son baixo coñecido coma trono. Durante as tormentas son comúns os lóstregos, cunha media de 44 relampos sobre a Terra cada segundo. Na imaxe, amoreáronse unhas 60 fotografías para captar o fluxo de produción de lóstregos producidos polas nubes de tormenta en xullo sobre Colorado Springs (Colorado, EUA).

N.T.: podedes seguir en tempo real os lóstregos que caen co proxecto BlitzOrtung.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo