Posta lunar na Superga alpina

Créditos da imaxe e copyright: Stefano De Rosa
Créditos da imaxe e copyright: Stefano De Rosa

Explicacion: a fase da Lúa chea de decembro ocorreu preto do perixeo, o punto máis achegado na súa órbita ao redor do noso fermoso planeta. O disco lunar completamente alumeado, grande e brillante, ponse sobre as agrestes montañas nesta paisaxe da mañanciña desde Turín, Italia. Captada xusto antes do mencer no horizonte oposto, a luz solar esparexida preto do bordo da sombra da Terra proporciona o fermoso brillo avermellado dos cumios alpinos. Os outeiros do primeiro plano están aínda en sombra. Pero a luz do sol espallada alumea xusto a cúpula e as torres da histórica basílica de turinesa de Superga nun cume preto da parte inferior dereita desta foto con teleobxectivo.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite