Pantasmas do telescopio James Webb

Créditos da imaxe: Chris Gunn, NASA
Créditos da imaxe: Chris Gunn, NASA

Explicación: en realidade, as pantasmas non están a axexar ao Telescopio Espacial James Webb. Pero as lucers están apagadas mentres fica co seu espello segmentado de cor dourada e as estruturas de soporte envolvéndoo na sala limpa da Instalación de Integración e Desenvolvemento de Sistemas de Sondas Espaciais do Centro de Voo Espacial Goddard. Seguindo as probas acústicas e de vibración, os brillantes flash e as luces ultravioleta espállanse sobre o telescopio estático na procura de contaminación, doada de descubrir nunha habitación escura. Na penumbra, a longa exposición da cámara crea as aparicións pantasmais, esborraxando as luces en movementos dos exeñeiros. O Telescopio Espacial James Webb, un sucesor científico do Hubble, está optimizado para a exploración en infravermellos do Universo temperán. O seu despegue planeado é para o ano 2018 desde a Guiana Francesa nun foguete Ariane 5 da Axencia Espacial Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman