Paisaxe con Orión

Créditos da imaxe e copyright: Derrick Lim
Créditos da imaxe e copyright: Derrick Lim

Explicación: recoñeces esta constelación? Aínda que é un dos grupos estelares máis recoñecibles do ceo, as iconas de Orión non se ven tan coloridas no ollo como na cámara. Neste mosaico composto dixitalmente a partires de 20 imaxes, a fría Betelgeuse, vermella e xigante, toma unha marcada cor laranxa como a estrela máis brillante da parte superior esquerda. As estrelas azuis e quentes de Orión son numerosas, coa superxigante estrela Rigel equilibrando a Betelgeuse abaixo á esquerda, e Bellatrix arriba a dereita. No cinto de Orión están aliñadas tres estrelas, todas a uns 1.500 anos luz de distancia, nadas a partires das nubes interestelares da constelación, ben estudadas. Por baixo do cinto hai un borrón avermellado que tamén podería resultar familiar: a gardería estelar coñecida coma a nebulosa de Orión. Finalmente, apenas visible a ollo espido pero bastante impactante aquí na cámara está o bucle de Barnard; unha enorme nebulosa de emisión gasosa ao redor do cinto e a nebulosa de Orión descuberto hai uns 100 anos polo fotógrafo pioneiro de Orión E. E. Barnard.z

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman