O sudoeste de Mare Fecunditatis

Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA – Stereo Image Copyright: Patrick Vantuyne
Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA – Stereo Image Copyright: Patrick Vantuyne

Explicación: Frank Borman, James Lovell e William Anders viaxaron desde a Terra ata a Lúa e voltaron en decembro de 1968. Desde a órbita lunar, esta imaxe dos cráteres do sudoeste do Mare Fecunditatis publícase neste anáglifo en estéreo, que se goza mellor desde a cadeira de brazos no planeta Terra cos lentes vermello/azuis. No primeiro plano, Goclenius é o cráter de impacto grande. Cuns 70 quilómetros de diámetro, o seu solo ateigado de lava está marcado por rimas ou canles, depresións longas e estreitas na superficie. Atravesando as paredes do cráter e os cumios centrais, os regueiros formáronse probablemente despois do propio cráter. Ao fondo, os dous cráteres grandes con solos lisos son Colombo A (arriba) e Magelhaens. Magelhaens A, o cráter do fondo co solo irregular, ten uns 35 quilómetros de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo