O Sol destrúe o cometa ISON


Explicación: a maior parte dos cometas non sobreviven a un encontro achegado co Sol. Aínda que este mes cúmprense dous anos do cometa ISON, que se pensaba era abondo grande para aturar o seu perigoso paso rasante do Sol. O vídeo publicado amosa o drama mentres era gravado polo Solar and Heliospheric Observatory (SOHO ou Observatorio Heliosférico e Solar), unha misión conxunta da ESA maila NASA. Mentres moitos terrestres ollaban fascinados, unha área brillante emerxía desde o seu punto máis achegao, pero se atenuou axiña e dispersouse. Agora asúmese que ningún fragmento grande do cometa C/2012 S1 (ISON) sobreviviu. Ademais do cometa, pódese ollar o activo Sol expulsando refachos de plasma coñecidos coma execcións de masa coronal. Lanzado en 1995, o SOHO, que orbita ao Sol, convertiuse nun instrumento histórico no descubrimento e seguemento dos cometas coñecidos coma rasantes solares. Hai dous meses, un cometa denominado SOHO 3000 recibiu ese nome en honor do cometa rexistrado co número 3000 que se descubriu en imaxes do SOHO, o que supón a metade de todos os cometas coñecidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo