O cometa PanSTARRS, a Lúa e Venus

Créditos da imase e copyright: Amit Kamble (Auckland Astronomical Society); Anotacións complementarias: Judy Schmidt
Créditos da imase e copyright: Amit Kamble (Auckland Astronomical Society); Anotacións complementarias: Judy Schmidt

Explicación: o que está a xerar gran parte da emoción dos últimos tempos é o obxecto á esquerda da árbore grande. Se ollas de fite, entón podes ver o cometa PanSTARRS, completo con dúas colas. Durante xullo, este cometa medrou moito o seu brillo e acaba de pasar no seu punto máis achegado á Terra. Á impoñente árbore do centro é un piñeiro da Illa Norfolk é na outra beira desta árbore están as árbores Pohutukaw de Nova Zelandia. Por riba das árbores, ao lonxe, está o brillante Venus e o aínda máis brillante crecente da Lúa. Se miras aínda con máis atención, podes atopar a Xúpiter agochado nas pólas do piñeiro. A imaxe publicada tirouse hai uns poucos días no parque Fergusson,Nova Zelandia, mirando por riba da enseada Tauranga Harbour. Nos vindeiros días e semanas, o cometa C/2014 Q1 (PANSTARRS) irase afastando amodiño desde o Sol e a Terra, orzando no máis fondo dos ceos meridionais, atenuándose.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo