O APOD fai 20 anos hoxe

Créditos da imaxe e Copyright: Desculpas a: o Astrómo e o Xeógrafo; de Vermeer; pixelado de imaxes: Rob Stevenson.

Explicación: benvido ao aniversario vicenal do Astronomy Picture of the Day (Imaxe Astronómica do Día)! Quizais unha fonte de consistencia web para algúns, o APOD aínda está aquí. Ao igual que ao longo dos 20 anos de escolma de imaxes, escritura de textos e edición das páxinas web do APOD, o industrioso Robert Nemiroff (esquerda) mailo persistente Jerry Bonnell (dereita) aparecen representados arriba para salientar outra imaxe non consciente do noso cosmos. Aínda que a imaxe publicada poida parecer semellante á composición extravagente de Vermeer que se usou no quinto aniversario do APOD, un ollo atento podería captar que foi re-pixelada dixitalmente empregando moitas das aproximadamente 5.000 imaxes do APOD que apareceron durante a historia do APOD (atopas algunha das imaxes destacadas do APOD?) Unha vez máis, desde o APOD gustaríanos ofrecer un sincero agradecemento aos nosos lectores polo interese continuado, o apoio e moitas comunicacións simpáticas. Se te consideras a ti mesmo un admirador do APOD, poderías pensar en unirte aos Amigos do APOD.

Entrevista polo 20 aniversario: unha historia oral do Astronomy Picture of the Day

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo