Nubes de cor en Rho Ophiuchi

RhoOph_Masterson_960

Explicación: as numerosas cores espectaculares das nubes de Rho Ophiuchi salientan moitos dos procesos que ocorren aí. As rexións azuis brillan sobre todo pola luz reflectida. A luz azul procedente da estrela Rho Ophiuchi e as estrelas achegadas reflíctese de xeito máis eficiente nesta porción da nebulosa cá luz vermella. O ceo diurno terrestre da Terra aparece azul pola mesma razón. As rexións vermella e amarela brillan sobre todo pola emisión do gas molecular a atómico da nebulosa. A luz das estrelas azuis próximas, máis potente cá da estrela brillante Antares, bate nos electróns arrincándoos do gas, que entón brilla cando os electróns se recombinan co gas. As rexións de cor marrón escura son provocadas polos grans de po, nados nas atmosferas estelares mozas, que bloquean de xeito eficiente a luz emitida por tras deles. As nubes estelares de Rho Ophiuchi, ben diante do cúmulo globular M4 que se olla aquí na parte superior dereita, son aínda máis coloridas do que os humanos poden ollar; as nubes emiten luz en cada banda de lonxitude de onda desde o radio aos raios gamma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo