A noite nun planeta arrepiante

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Vetter (Nuits sacrées)

Explicación: que demo de planeta é este? O planeta Terra claro, nunha noite escura e tormentosa de Hverir, unha zona xeotermalmente activa ao longo da paisaxe volcánica do norleste de Islandia. As tormentas xeomagnéticas producían unha exhibición de auroras no ceo nocturno estrelado mentres as pantasmais torres de vapor e gas ceibadas desde as fumarolas bailaban contra a arrepiante luz verde. Esta noite tamén hai a posibilidade de tormentas xeomagnéticas desencadeadas pola recente actividade solar, polo que os observadores celestes de latitudes altas deberían ter conta. Poida que tamén as formas espectrais lles dea por bailar na túa veciñanza de contado.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Como sería a superficie do océano se non houbese mareas nin vento? Descúbreo neste modelo da NASA

O xeoide é un plano irregular empregado para estudar altitudes, determinar medidas topográficas e analizar a xeofísica do planeta

Radiografía do lume

Os incendios da Comunidade de Madrid e da provincia de Álava foron emerxencia nacional, e isto é o que aprendimos dos lumes de agosto de 2025 en Galicia. Por Andrea Veiga

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite