NGC 3576: a nebulosa da Estatua da Liberdade

Créditos da imaxe e copyright: S. Mazlin, J. Harvey, R. Gilbert e D. Verschatse (SSRO/PROMPT/UNC)
Créditos da imaxe e copyright: S. Mazlin, J. Harvey, R. Gilbert e D. Verschatse (SSRO/PROMPT/UNC)

Explicación: que está a acontecer na nebulosa Estatua da Liberdade? Están a formarse e ceibar estrelas brillantes e moléculas interesantes. A complexa nebulosa reside na rexión de formación estelar chamada RCW 57. Esta imaxe exhibe nós densos de pó interestelar escuro, estrelas brillantes que se formaron nos últimos millóns de anos, eidos de gas hidróxeno brillante ionizado por esas estrelas e gandes bucles de gas expulsado polas estrelas que están a morrer. Un estudo polo miúdo de NGC 3576, tamén coñecida coma NGC 3582 e NGC 3584, descubriu polo menos 33 estrelas masivas nos estadios finais de formación e a presenza clara de moléculas complexas de carbono coñecidas coma hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAHs). Cóidase que os PAHs son creados no gas frío das rexións de formación estelar e o seu desenvolvemento na nebulosa de formación do Sol hai cinco milleiros de millóns de anos pode ter sido un chanzo importante no desenvolvemento da vida na Terra. A imaxe publicada foi tirada desde o Observatorio Interamericano de Cerro Tololo de Chile.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira