A nebulosa do Rectángulo Vermello

Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA. Procesado e Licenza: Judy Schmidt
Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA. Procesado e Licenza: Judy Schmidt

Explicación: como se creou a estraña nebulosa do Rectángulo Vermello? No centro da nebulosa atópase un vello sistema estelar binario que seguramente potencia a nebulosa pero aínda non explica as súas cores. A forma estraña do Rectángulo Vermello probablemente se debe a un toro groso de po que apreta o fluxo ao exterior que sería esférico con forma de conos que se tocan polas puntas. Debido a que ollamos ao toro de fronte, os bordos das formas de cono parecen formar un X. Os chanzos perceptibles suxiren que o fluxo se ceiba a refachos. Porén, as estrañas cores da nebulosa aínda se comprenden peor e especúlase que son parcialmente proporcionadas polas moléculas de hidrocarburos que poden realmente ser os bloques construtivos da vida orgánica. A nebulosa do Rectángulo Vermello atópase a uns 2.300 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monoceros). A nebulosa amósase máis arriba nun gran detalle coma unha imaxe reprocesada recentemente desde o Telescopio Espacial Hubble. Nuns poucos millóns de anos, mentres unha das estrelas centrais diminúe aínda máis o seu combustible nuclear, a Nebulosa do Rectángulo probablemente abrollará nunha nebulosa planetaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo