Explicación: esa non é a nosa Lúa. É Dione, e é unha lúa de Saturno. A sonda espacial automática Cassini tirou a imaxe publicada durante un sobrevoo pola lúa de Saturno, chea de cráteres, o mes pasado. Aínda que quizais o que fai tan interesante esta imaxe é o fondo. Primeiro, o gran orbe ameazante por tras de Dione, o propio Saturno, alumeado feblemente pola luz solar reflectida primeiro desde os aneis. Despois, as delgadas liñas que percorren diagonalmente ao través da imaxe, os propios aneis de Saturno. Os millóns de rochas xeadas que compoñen os espectaculares aneis de Saturno orbitan todos no mesmo plano e, polo tanto, parecen abraiantemente finos canso se ollan case de canto. Diante e no centro, Dione aparece en fase crecente, parcialmente alumeado polo Sol que está fóra do plano, na parte inferior esquerda. Unha inspección coidadosa do plano de aneis tamén debería localizar á lúa Enceladus na parte superior dereita.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK