Marte nas nubes

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer
Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer

Explicación: vagando ao través de este excepcional campo de visión, realmente Marte está por diante destas nubes cósmicas cheas de cor. O mosaico construído a partires de imaxes telescópicas ten uns 5 graos de diámetro (10 lúas cheas). Capta a posición do planeta o 26 de agosto a uns 7 minutos luz desde a Terra e moi preto da liña de visión da brillante estrela Antares e o complexo de nubes Rho Ophiuchi. Nas cores amarelas de Marte, arriba e á esquerda, case coincide con Antares, tamén coñecida coma Alpha Scorpii, por baixo do centro. O cúmulo globular de estrelas M4 brilla xusto á dereita de Antares, pero M4 está a uns 7.000 anos luz de distancia comparados cos 500 aos que está Antares. A luz estelar azulada de Rho Ophiuchi, lixeiramente máis preto que Antares, é reflectida polas nubes moleculares poeirentas preto da parte superior do recadro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman