Galaxia espiral M96 dende o Hubble

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e o equipo LEGUS; Agradecementos: R. Gendler
Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e o equipo LEGUS; Agradecementos: R. Gendler

Explicación: os corredores de po semellan xirar ao redor do núcleo de Messier 96 neste retrato polo miúdo cheo de cor do centro dun fermoso universo illa. Naturalmente, M96 é unha galaxia espiral e, tendo en conta os brazos tenues que se estenden máis alá da rexión central máis brillante, abarca 100 milleiros de anos luz máis ou menos, facendo que teña aproximadamente o tamaño da nosa propia Vía Láctea. M96, tamén denominada NGC 3368, é coñecida por estar a uns 35 millóns de anos luz de distancia e ser un membro dominante do grupo de galaxias Leo I. A imaxe publicada foi tomada polo Telescopio Espacial Hubble. A razón da asimetría de M96 non está clara; podería resultar das interaccións gravitatorias con outras galaxias do grupo Leo I, pero a falla dun brillo difuso no interior do grupo semella indicar poucas interaccións recentes. Ao fondo, poden atoparse galaxias máis lonxe ao examinar os bordos da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo