Fervenzas de lava en 3D sobre Marte

Créditos da imaxe: NASA, MRO, HiRISE, JPL, U. Arizona
Créditos da imaxe: NASA, MRO, HiRISE, JPL, U. Arizona

Explicación: pega dos teus lentes vermello/azuis e mira as fervenzas de lava de Marte. O anáglifo estéreo foi creado combinando dúas imaxes rexistradas pola cámara HiRISE a bordo da nave Mars Reconnaissance Orbiter. As fervenzas multi-nivel foron creadas cando os fluxos de lava crebaron seccións do bordo norte dun cráter marciano de 30 quilómetros de diámetro, localizado na parte occidental da rexión volcánica Tharsis do planeta vermello. Cando a lava fundida caeu polas paredes e terrazas do cráter para chegar ao seu solo deixou os característicos fluxos agrestes, en abano sobre as pendentes pinas. O norte está arriba e a abraiante vista 3D ten 5 quilómetros de anchura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman