Estrelas e gas na nebulosa do Polo Corredor

Créditos da imaxe e copyright: Andrew Campbell
Créditos da imaxe e copyright: Andrew Campbell

Explicación: para algúns, seméllase a un polo xigante correndo polo ceo. Para outros, parécesa a unha nebulosa gasosa onde ten lugar a formación estelar. A nebulosa do Polo Corredor, catalogada coma IC 2944, abarca uns 100 anos luz e atópase a uns 6.000 anos luz de distancia cara a constelación do Centauro (Centaurus). A imaxe publicada, que se amosa en cores asignadas cientificamente, foi captada recentemente nunha exposición de 11 horas desde o patio dunha casa preto de Melbourne (Australia).Poden ollarse douscúmulos estelares: o cúmulo da Pérola no extremo esquerdo e Collinder 249, incrustado no gas brillante da nebulosa. Aínda que difícil de albiscar aquí, poden atoparse no interiorda nebulosa varias nubes moleculares escuras con formas características.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo