Despega Hitomi

Explicación: o 17 de febreiro ás 5:45 p.m. (hora local de Xapón) este foguete H-IIA despegou cara o ceo desde o Centro Espacial Tanegashima da JAXA localizado na costa meridional de Xapón, planeta Terra. A bordo estaba o satélite de astronomía de raios X ASTRO-H, xa en órbita. O observatorio espacial, deseñado para explorar o cosmos extremo desde os buratos negros aos cúmulos masivos de galaxias, está equipado con catro telescopios de raios X de última tecnoloxía e instrumentos sensibles as enerxías de fotóns desde os 300 aos 600.000 electrón voltios. En comparación, as enerxías dos fotóns de luz visible están entre os 2 e os 3 electrón voltios. Seguindo a tradición de renomear aos satélites tralo seu despegue con éxito, o ASTRO-H foi nomeado novamente coma “Hitomi”, inspirados nunha antiga lenda de dragóns. Hitomi significa “a pupila do ollo”.

Créditos da imaxe e copyright: F. Scott Porter (NASA, Goddard Space Flight Center)
Créditos da imaxe e copyright: F. Scott Porter (NASA, Goddard Space Flight Center)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español