Derradeiro día da MESSENGER en Mercurio

Derradeiro día da MESSENGER en Mercurio
Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins Univ. APL, Arizona State Univ., CIW.

Explicación: a sonda espacial MESSENGER, a primeira en orbitar Mercurio, botouse a descansar nesta rexión da superficie de Mercurio. A escena, construída a partires dos datos do altímetro láser e de imaxes da MESSENGER, mira ao norte sobre a crista norleste da conca Shakespeare, ampla e chea de lava. O gran cráter Janacek, de 48 quilómetros de ancho, está preto do bordo superior esquerdo. A altura do terreo está codificada en cor sendo as rexións vermellas uns 3 quilómetros máis altas cás azuis. A órbita final da MESSENGER foi predita para rematar preto do centro, coa nave espacial impactando na superficie a uns 4 quilómetros por segundo (unhas 87 000 millas por hora) e creando un cráter novo duns 16 metros (52 pés) de diámetro. O impacto no lado afastado de Mercurio non se ollou por telescopio, pero confirmouse en canto non se detectaron sinais desde a sonda espacial ao pasar o tempo para emerxer por tras do planeta. A nave espacial MErcury Surface, Space ENvironment, GEochemisty and Ranging (“exploradora de xeoquímica, contorno espacial e superficie de Mercurio”), lanzada en 2004, completou unhas 4.000 órbitas despois de chegar ao planeta máis interior do Sistema Solar en 2011.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

Mercurio, Venus e Xúpiter forman un desfile planetario que poderás ver esta semana sen telescopio

Producirase unha conxunción entre Venus e Xúpiter e, uns días despois, o primeiro planeta do sistema solar estará visible xunto a eles

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra
00:05:09

Comer peixe, na súa xusta medida

Do mercurio ao plástico, o seu consumo pode ser un asunto espiñoso á mesa. Lonxe das ideas feitas, recoméndase comelo varias veces á semana