Dende alfa ata omega en Creta

Créditos da imaxe e copyright: Johannes Schedler (Observatorio Panther).
Créditos da imaxe e copyright: Johannes Schedler (Observatorio Panther).

Explicación: esta fermosa composición con teleobxectivo abarca anos luz nunha paisaxe celeste nocturna e natural desde a illa de Creta. Ollando ao sur, as instantáneas tanto recollen ás estrelas como rexistran un primeiro plano fixo en tres paneis fusionados que cobren un amplo campo de visión de 10×12 graos. O luar do cuarto crecente do 15 de maio alumea a igrexa mailo terreo montañoso. O enorme cúmulo estelar globular Omega Centauri (NGC 5139), a tan só 18 milleiros de anos luz de distancia, brillando por riba aporta unha boa impresión visual na súa aparencia con binoculares nesa noite estrelecida. A galaxia activa Centaurus A (NGC 5128) está preto da parte superior do cadro, a uns 11 millóns de anos luz de distancia. Tamén atopamos cara a gran constelación meridional Centaurus e cun tamaño aproximadamente igual ao da nosa propia Vía Láctea á galaxia espiral de canto NGC 4945. A uns 13 millóns de anos luz de distancia está só un pouquichiño máis afastada e xusto por riba do horizonte dereito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Como sería a superficie do océano se non houbese mareas nin vento? Descúbreo neste modelo da NASA

O xeoide é un plano irregular empregado para estudar altitudes, determinar medidas topográficas e analizar a xeofísica do planeta