Cúmulo galáctico Abell S1063 e máis alá

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Jennifer Lotz (STScI).
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Jennifer Lotz (STScI).

Explicación: a uns 4 mil millóns de anos luz de distancia, as galaxias do cúmulo masivo Abell S1063 preto do centro desta instantánea do Telescopio Espacial Hubble. Pero os arcos azulados e febles son imaxes magnificadas de galaxias que se atopan ben lonxe máis alá de Abell S1063. Ao dobre de distancia, a súa luz non se albiscaría se non fose pola magnificación e distorsión que provoca a masa gravitacional do cúmulo, en gran parte invisible, con aproximadamente 100 billóns de veces a masa do Sol. O efecto, que fornece unha ollada abraianten de galaxias do universo temperán, coñécese coma lente gravitacional. Unha consecuencia da distorsión do espazo-tempo que foi predicida por Einstein por primeira vez hai un século. A fotografía do Hubble forma parte do programa Frontier Fields para explorar a Fronteira Final.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo