Explicación: a só 20.000 anos luz do Sol atópase NGC 3603, un residente do achegado brazo espiral Carina da nosa galaxia Vía Láctea. NGC 3603 é ben coñecido polos astrónomos ao ser unha das meirandes rexións de formación estelar da Vía Láctea. O cúmulo estelar aberto central contén milleiros de estrelas máis masiva có noso Sol, estrelas que se formaron probablemente hai só un ou dous millóns de anos nun único estoupido de formación estelar. De feito, cóidase que o achegado NGC 3603contén un exemplo axeitado de cúmulos de estrelas masivas que poboan as moito máis afastadas galaxias de abrocho estelar. Arrodeando o cúmulo están as nubes natais de gas interestelar brillante e po escuro, esculpidas pola enerxética radiación e os ventos estelares. Rexistrada polo Telescopio Espacial Hubble, a imaxe abarca uns 17 anos luz.
A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble
O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.