Explicación: as auroras ocorren normalmente ben alto por riba das nubes. O brillo auroral é creado polas partículas que se moven a toda présa expulsadas desde o Sol e impactan a magnetosfera da Terra, a partires de onde as partículas cargadas caen en espiral polo campo magnético da Terra ata bater nos átomos e moléculas no alto da atmosfera. Un átomo de osíxeno, por exemplo, brillará na luz verde emitida normalmente por unha aurora tras recibir a enerxía precisa trala colisión. A parte máis baixa dunha aurora estará normalmente a 100 quilómetros de altitude, mentres que a maioría das nubes normalmente se atopan só por baixo duns 10 quilómetros. As alturas relativas de nubes e auroras amósanse con claridade na imaxe publicada desde Dyrholaey (Islandia). Alí, un astrofotógrafo resolto aturou ventos fortes e ceos inicialmente cubertos nun intento de capturar a aurora sobre un faro pintoresco, só para tomar, por casualidade, a fotografía publicada ao longo do camiño.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK