As nubes de hidróxeno de M33

Créditos da imaxe e copyright: Danilo Pivato, Gimmi Ratto
Créditos da imaxe e copyright: Danilo Pivato, Gimmi Ratto

Explicación: a espectacular galaxia espiral M33 semella ter máis cá súa parte equitativa de gas hidróxeno brillante. M33, socia destacada do grupo local de galaxias, tamén é coñecida como a galaxia Triángulo e atópase a uns 3 millóns de anos luz de distancia. O interior da galaxia cuns 30.000 anos luz amósase neste retrato telescópico que salienta as súas nubes avermelladas de hidróxeno ionizado ou rexións HII. As xigantes rexións HII de M33, que se espallan ao longo dos brazos espirais abertos que se arquean cara o núcleo, son algunhas das garderías estelares máis grandes coñecidas, lugares de formación de estrelas de vida curta pero moi masivas. A potente radiación ultravioleta que procede das estrelas masivas e luminosas ioniza o gas hidróxeno que as arrodea e produce finalmente o típico brillo vermello. Para subliñar esta imaxe, empregáronse datos de banda ancha para producir unha imaxe en cor da galaxia, combinados cos datos de banda estreita rexistrados mediante un filtro de hidróxeno alfa. Ese filtro transmite a luz da liña de emisión máis forte do hidróxeno visible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo