As nebulosas Corazón e Alma

Créditos da imaxe e copyright: David Lindemann
Créditos da imaxe e copyright: David Lindemann

Explicación: están o corazón maila alma da nosa galaxia situados en Cassiopeia? Posiblemente non, pero aí é onde se poden atopar dúas nebulosas de emisión brillantes alcumadas Corazón e Alma. A nebulosa Corazón, denominada oficialmente IC 1805 e que se pode ollar na dereita da imaxe publicada, ten unha forma que lembra a dun símbolo clásico de corazón. Ámbalas dúas nebulosas brillan moito na luz vermella do hidróxeno que está ionizado. Pola imaxe hai varios cúmulos abertos mozos de estrelas e que se ollan aquí en azul, incluíndo o centro das nebulosas. Á luz lévalle uns 6.000 anos chegar a nós desde estas nebulosas, que xuntas abarcan uns 300 anos luz. Os estudos das estrelas e cúmulos como os atopados nas nebulosas Corazón e Alma centráronse en como se forman as estrelas masivas e como afectan ao seu contornot.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo