As auroras de Xúpiter

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble

Explicación: Xúpiter ten auroras. Coma a Terra, o campo magnético do xigante de gas canaliza as partículas cargadas ceibadas polo Sol cara os polos. Mentres estas partículas baten na atmosfera, os electróns son arrincados temporalmente das moléculas existentes de gas. A forza eléctrica atrae estes electróns de volta. Mentres os electróns se recombinan para reconstruír moléculas neutras, emítese a luz auroral. Na imaxe composta publicada recentemente polo Telescopio Espacial Hubble tirada en luz ultravioleta, as auroras aparecen coma follas anulares ao redor do polo. A diferenza das auroras da Terra, as auroras de Xúpiter inclúen varias raias e puntos brillantes. A Gran Mancha Vermella de Xúpiter pode ollarse no extremo inferior dereita. As recentes auroras de Xúpiter foron particularmente fortes; unha coincidencia afortunada coa chegada da nave espacial Juno da NASA a Xúpiter a semana pasada. Juno foi quen de rexistrar o vento solar mentres se achegaba a Xúpiter, permitindo unha mellor comprensión das auroras en xeral, incluíndo as da Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo